Galego  Español

COMITÉ ORGANIZADOR

PRESIDENTE

JESÚS NOVO RODRÍGUEZ

O meu nome é Jesús Novo ou Suso, galego de Lugo. Médico de familia conxénito, estou interesado en case todo na medicina e na vida. Son R34 de medicina de familia, corredor, montañeiro, mal gaiteiro, navegante ...

Desde que participei no ano 2000 no meu primeiro congreso do Grupo en Barcelona, volvinme adicto a estas doses de entusiasmo e motivación. Grazas a vos aprendín algunhas das cousas máis importantes que sei, que cada día cos meus pacientes, os meus residentes e na miña vida persoal están presentes. Para aprendelas mellor, tentei contarllas aos demais, e ata tiven a audacia de reformular as ideas que me deron e presentalas como algo propio nos talleres que fixen.

Por razóns inexplicables, tendo a estar no medio de todas as lerias. Así que cando se propuxo organizar un Congreso Nacional en Galicia, non o pensei (se o tivese feito, non estaría escribindo estas liñas) e terminei presidindo este comité organizador.

VOCAIS

MAITE EXPÓSITO CARBALLEIRA

Son Maite Expósito, residente de cuarto ano de Medicina Familiar e Comunitaria en Lugo. Encántame viaxar, facer rutas de sendeirismo, comer filloas… e agora son aprendiz de baile popular galego.

O meu primeiro contacto coa Comunicación foi con Suso e Fran, fai case 4 anos. Dende entón asistín a cursos e congresos onde non fixen máis que aprender. E quen me ía dicir a min que estaría agora inmersa neste gran proxecto.

Espero que este Congreso vos guste e vos ilusione e que desfrutedes de Santiago de Compostela. Este encontro é unha escusa estupenda para descubrir esta cidade chea de vida e cultura.


CHUS FREIRÍA TATO

Son Chus Freiría Tato, médica de Familia nunha poboación limítrofe con Santiago. Durante moitos anos fun titora MIR, e dende o ano 2010 son titora de PIR.

Comecei a acudir aos Congresos de Comunicación y Salud no ano 1999, en El Escorial. Fomos o embrión galego do grupo de Comunicación y Salud galego, acolléronnos e mimáronnos dunha forma moi especial. Conservo aquela foto de fin de congreso e véxome alí ao lado de Francesc Borrell, e non mo podo crer (para min significaba moito estar ao seu lado). E aquí seguimos navegando e organizando, de novo, Congreso.

E que dicir do que a min me gusta: gústame a vida, son positiva, desfruto dos amigos, unha boa camiñada, os atardeceres na praia, viaxar e coñecer novos sitios (non atopei aínda un lugar que me decepcionara), bailar, estar en todos os “saraos”, ir ao cine, ao teatro e a miña paixón, a lectura; e se algo odio é cociñar.

Con respecto á miña actividade profesional gústame a MEDICINA, desfruto do contacto coa xente, gústame a diversidade na consulta, encántanme os xoves, os maiores... e todo isto débollo, en gran parte, ao grupo de Comunicación y Salud


Mª DOLORES GARCÍA JANEIRO

Chámome Lola  García Janeiro e son enfermeira. Traballei durante máis de 33 anos en diversos ámbitos de atención primaria e hospitalaria, pero onde exercín máis tempo, 21 anos, foi na unidade de Hospitalización a Domicilio (HADO) en Santiago capital e o seu entorno rural.

En HADO progresei como profesional axudando e acompañando no seu propio fogar, tanto ós pacientes como ás familias en múltiples situacións, en especial, no fin da vida. Este tipo de experiencias reiteradas foron sumamente enriquecedoras tanto dende a perspectiva profesional coma persoal. Foi precisamente durante aquel período cando tiven a sorte de coñecer este entrañable grupo de comunicación co que comparto ideas, alegrías e formación dende fai máis de 10 anos.

Gústanme tantas cousas que non sabería por onde comezar. Gústame debuxar. Gústame a chuvia, as plantas, as aves , viaxar , cociñar. Gústame o mar, gústame a xente de verdade, gústame rir, gústame querer e que me queiran...en fín.

Gustaríame que disfrutarades dun xeito especial do congreso de Santiago, e de todo aquelo que entre todos queremos construir e regalarvos neste fermoso universo de pedra; na eterna Compostela.

Esperámosvos ilusionados, non faltedes.


ÁNGEL LUÍS LADO LLERENA

Chámome Ángel Lado, son médico rural, desde fai décadas admiro a obra do Doutor Francesc Borrell,  e desde fai 2 anos teño a sorte de pertencer o grupo de CyS galego, e a ledicia de aprender día tras día coa arte e saber facer tanto dos que inician e a súa andaina, como dos que perfeccionan esta parte fundamental da profesión. Invítovos a compartir comigo esta experiencia.


LAURA LOZANO GUEDE

Son Médico de Familia en Ourense dende hai 2 anos e estou neste grupo dende que era residente. Foi e segue sendo marabilloso coñecer a profesionais  de distintos ámbitos entusiasmados por ensinar e aprender sobre comunicación asistencial.  Tiven a sorte de poder descubrir a Terapia Familiar Breve e lévoa todos os días á consulta. Son adicta ó teatro e estou enganchada á arte en xeral; creo nela como terapia e prescribo arte, recoñézoo. Encántanme as persoas, as emocións, a fotografía, a música, bailar, saltar, sorrir, facer deporte, viaxar... e sinto a necesidade de gritarlle ao mundo que a Comunicación  é imprescindible. Así que alá imos!


BRUNO NOVO GARCÍA

O meu nome é Bruno Novo e son R4 de Medicina Familiar e Comunitaria en Lugo. Intereseime pola comunicación en saúde grazas o meu titor, Suso Novo, quen participa de forma activa no grupo desde fai tempo.

Creo que o conxunto de habilidades en comunicación son una carencia clara na formación dos Licenciados en Medicina da maioría de las facultades, e creo é necesario mellorar neste aspecto, indispensable para unha boa relación médico-paciente. Veño, coa mente aberta e moitas ganas de aprender, a cada charla ou obradoiro que se organiza no grupo galego ou nos congresos nacionais.

O meu primeiro congreso foi Donostia 2016, onde me infectei desta marabillosa condición crónica que é o interese polo grupo e as súas actividades. Tanto é así que, cando propuxeron o grupo galego a organización do congreso 2018, aceptei participar cos demais membros. Poida que teña que ver con que no sei decir que non a estas cousas... Teño que aprender a decir que non... Pero si tal xa logo deste congreso.


ELBA RICO RODRÍGUEZ

Son Elba, R3 de Medicina de Familia en Lugo. O meu primeiro contacto co mundo da Comunicación foi ó chegar ó Hospital Lucus Augusti, cun breve taller sobre entrevista clínica. Sorprendeume tanto o contido como a forma de presentalo... nada máis lonxe das clases maxistrais da Facultade.

Máis tarde, participei como discente nunhas xornadas de " Formador de formadores en  Entrevista Clínica e Comunicación", organizadas polo incansable Suso. ¡A el lle debo que me embarcara neste mundo!

Desexo que este Congreso vos emocione tanto coma min, que gocedes de tódalas actividades que estamos argallando e que aproveitedes para coñecer Santiago de Compostela; un lugar máxico, cunha zona vella enmeigada e unha ampla oferta gastronómica. Estou segura que cando marchedes... Empezaredes a entender isto da "morriña".


ALBA RODRÍGUEZ GAVINO

Chámome Alba e son de A Pontenova, un pobo de Lugo onde me criei na panadería dos meus pais. Quizais por iso de pequena me gustaron as habilidades de comunicación que tras un curos de entrevista clínica me encantaron.

Agora, como residente de cuarto ano de Medicina de Familia, podo dicir que o Congreso de Comunicación e Saúde é coma unha inxección de vitalidade e aprendizaxe anual imprescindible. Fascíname e dame pánico a partes iguais sair da miña zona de confort, e consigo expandila cada vez máis gracias a una marabillosa familia e moi bos amigos.


ANDRÉS VÁZQUEZ FERNÁNDEZ

Chámome Andrés Vázquez e por agora son R4 dun pequeno centro de saúde nun barrio de Lugo, de donde son e ao que volvín como aprendiz neste difícil arte que é a medicina. No outro lado da miña vida son escalador, montañeiro e xogador de calquera deporte que me propoñan...Aínda que tamén gran afeccionado ó cine e a escaparme para coñecer mundo.

Neste caso vinme arrastrado por un gran grupo de compañeiros que fai algo mais dun ano invitáronme a un curso de formación en Comunicación e Saúde. Aí fun capaz de ver o que se pode conseguir cunha boa conversación e mais aínda se es capaz de aplicar na consulta o que aprendiches. A partires de aí deixeime levar polo ambiente e así chegamos a formar parte deste comité organizador, aínda que no meu caso identifícome mais como asistente, xa que a maior parte do traballo estano a desenvolver compañeiros mais capacitados.

Espero que sexamos capaces de levar a cabo un programa atractivo para todos os que participemos e que nos sirva para a nosa vida persoal e profesional.


COLABORADORES

ANA DOMÍNGUEZ DE DIOS

Ola a todos!

Chámome Ana, nacín moi preto das Illas Cíes e por casualidades ou coincidencias da vida, acabei nun taller de Comunicación. Na carreira este tema soa mais ben a chinés, así que decidín achegarme un pouco mais a este idioma, e parece que en Lugo non se da nada mal…

Quen dubida de que Santiago é o mellor escenario para practicalo?

Entre polbo e peregrinos, moitas obras poden xurdir!


GABRIELA ALEJANDRA GONZÁLEZ LOSADA

Arxentino - Española o, mellor dito, Arxentino – Galega.

Son Médica de Familia en versión arxentina y galega. Desde a miña chegada a España vivo y traballo na costa de Lugo. Gústame a miña profesión desde a visión e a práctica desta especialidade.

Coñecín persoas do grupo galego de CyS como R1 en 2011 e atopei neles unha mirada especial cara á tarefa diaria, cara á propia vida. É por iso que participo nalgunhas actividades do Grupo, e estes últimos meses acompáñolles no desafío do próximo Congreso Nacional.


NOEMÍ LÓPEZ REY


Chámome Noemí, nacín en Portomarin, un pequeno pobo ao lado de Lugo, así que o comezo da miña residencia non me apartou demasiado. Encántanme os idiomas, como medio de expresión, coñecemento e aprendizaxe.

Tras coñecer parte do grupo en febrero de 2017, os seus integrantes quixeron transmitir a ilusión, motivación e a curiosidade para formar parte del. A miña experiencia clínica é moi limitada, actualmente estou no meu segundo ano de residencia, e iso fai que os meus aportes sexan moi limitados… Para min, formar parte deste grupo é un privilexio, e expero estar á altura nesta experiencia, facendo deste congreso unha experiencia, canto menos, enriquecedora.