Galego  Español

Conferencia Inaugural

 

Ponente

Xosé Andrés Vázquez Hermida

(Boiro, 1963) é redactor xefe de España do xornal EL PAÍS. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa carreira xornalística no El Correo Gallego e posteriormente pasou pola Radio Galega, onde dirixiu o informativo da noite e unha tertulia política. Dende 1990 foi correspondente en Galicia de EL PAÍS, para o que cubriu as principais informacións acontecidas no país nas dúas últimas décadas. Trala apertura dunha edición galega do xornal, no 2006, ocupou os cargos de subdelegado e delegado. Na redacción central, en Madrid, foi reporteiro da revista El País Semanal e despois foi trasladado a Brasil, onde exerceu como responsábel da edición en portugués. En xuño deste ano, voltou a Madrid como redactor xefe de España.
Ten os Premios Galicia de Comunicación e José Couso á liberdade de expresión, este último outorgado no 2017

 

 

 

Volver al Programa