Galego  Español

Mesa 1. Comunicación sen barreras: dereito y necesidade.

Non hai dúas persoas iguais e, por tanto, a comunicación non pode ser idéntica, e tampouco no ámbito sanitario. Emporiso, as trabas que algúns déficits sensoriais ou trastornos nos ocasionan cunha comunicación convencional poden ser solucionadas a través de varios métodos, como son a linguaxe de signos e o sistema ARASAAC (PECS®).

Coñecer estas ferramentas é fundamental para intercambiar información con outras persoas/ pacientes, e eliminar por fin esas barreiras comunicativas que tantos prexuízos nos causan.

 

Documentos

Casas, A. A. (2018). La lengua de signos [Presentación diapositivas]. Descargar

González, V. R. (2018). Barreras comunicativas en el daño cerebral adquirido [Presentación diapositivas]. Descargar

Da Silva, C. C. (2018). Comunicación sin barreras. Derecho y necesidad [Presentación diapositivas]. Descargar

Marquez, L. C. (2018). El derecho a la comunicación. Entornos comunicativos accesibles para las personas en el Espectro del Autismo [Presentación diapositivas]. Descargar

 

Moderadora

Chus Freiría Tato

Ponentes

Aranzazu Casas

Intérprete de linguaxe de signos e guía intérprete de persoas xordo-cegas. Tras dunha traxectoria laboral dentro da comunidade xorda, crea un espazo de comunicación onde todas as súas actividades, proxectos educativos e formacións teñen como pilar fundamental a linguaxe de signos. Apaixonada da fotografía e da comunicación non verbal, e entusiasmada e sentida co seu traballo, ofrece cursos, talleres e charlas onde a lingua de signos está presente como ferramenta comunicativa dende idades moi temperás, pasando polo bebé, a familia, a escola e a sociedade.

Cuca da Silva

Mestra e pedagoga, directora dun colexio público da comarca de Arousa.

Nai dun mozo de trece anos con diagnóstico de TEA dende os 3. Dende o diagnóstico cambiou de rumbo na súa vida, facendo moitas cousas que non houbera feito, se non fora pola aterraxe no mundo da diversidade. Leva un blog que no seu momento foi un referente a nivel nacional, no que nos fala da evolución do seu fillo e das súas loitas, inquedanzas… “Pensando en imágenes”.

Presidenta de Por Dereito, asociación de máis de 100 familias galegas de persoas con TEA, que ten en marcha proxectos de accesibilidade cognitiva e acollida de familias con novo diagnóstico, numerosos e multitudinarios eventos para dar visibilidade ao autismo e concienciar sobre a inclusión… Integrante moi activa da Asociación TADEGA (Tecnoloxías para a Atención á Diversidade Galega)

Promotora da Plataforma España Inclusión, que conseguiu que no malogrado anterior Pacto de Estado pola Educación se incluíra a atención á diversidade, o que trouxo consigo unha Proposta Non de Lei a nivel nacional e outra autonómica sobre educación inclusiva. Encabezou asemade varias accións no Parlamento Galego para reclamar dereitos das persoas con diversidade.  

Participou en xornadas e accións formativas doutras asociación e organismos por toda Galicia e parte de España. Gran colaboradora e abandeirada de ARASAAC (Aragón, sistemas alternativos e aumentativos de comunicación.

Pero sobre todo o máis importante de todo o que fixo e o que fai é ser nai dun neno marabilloso con TEA que crece feliz e seguro de si mesmo nun mundo que non está preparado para el pero que con moito traballo e loita vai conseguindo que se vaian minimizando todas as dificultades e trabas que van xurdindo en cada etapa da vida.

Carmen Marquez

Directora Técnica da Unidade Ambulatoria (UAM), Unidade de Diagnóstico (UEDO) e Apoio familiar da Asociación BATA (Baión Asociación Tratamento do autismo)

Ruth González Viña

Pedagoga da Asociación Sarela, de Dano Cerebral Adquirido de Compostela.

 

 

Volver al Programa