Galego  Español

TJ3. Directo ao branco: Escoita reflectida estratéxica para axudar ó cambio de conduta.

Gustaríache optimizar ao máximo as túas intervencións para promover o cambio de conduta? Es xa un veterano da relación clínica, pero necesitas algunhas ideas para abordar de forma máis efectiva o cambio de hábitos dos teus pacientes? Este taller pretende axudarche a entender como funciona a escoita  reflectiva, desde unha perspectiva estratéxica, e a que o apliques desde o primeiro minuto. Ven con ganas de practicar!

Ponentes

Manuel Campíñez Navarro

Son médico de  familia e iso é para min un privilexio. Non teño coche, nin tele: vou camiñando, e cando saio de excursión, en moto. Se podo, collo o avión e voume a coñecer outros lugares, e outras culturas. Tamén aproveito para mergullar. Na miña cidade, Barcelona, son un resistente. Gozo especialmente do cinema, a literatura, a fotografía, a música e a gastronomía. E saco sempre un intre para a docencia e a investigación. Gústame aprender dos demais.

 

 

Volver al Programa