Galego  Español

TJ4. Atrévete a ensinar comunicación. Formación de formadores.

Atrévete a comunicar, a compartir e a transmitir; a ensinar aos teus colegas, os teus resis, a túa equipa e incluso aos teus xefes, o que aprendes no apaixoante mundo da formación en entrevista clínica. Como aclimatar e sintonizar cun grupo? Como manexar as súas dinámicas difíciles? Cando por un vídeo docente, e cal? E, sobre todo, cando paralo? Como preparar e desenvolver as escenificacións? Como dar feedback (sen que ninguén se enfade)? Como facer “saír” ao que fará de profesional? Ou quizais, como facer para que non queiran saír todos?

Neste taller compartimos entre todos a metodoloxía docente do Grupo Comunicación y Salud, que ferramentas e habilidades utilizamos, e aspiramos adquirir as bases para iniciar ou continuar a nosa labor docente. Farémolo facendo, para conseguir:

  • Un “EMPURRÓN” para comezar a dar cursos ou para incorporar novas ideas aos que xa damos
  • “DIVERTIRNOS”, desfrutar xuntos
  • APRENDER entre todos, porque xuntos somos máis que a suma das partes.

Ponentes

María Martín-Rabadán Muró y María Concepción Álvarez Herrero

María e Concha, médicas de familia. Enganchadas coa consulta, coa comunicación e coa docencia. Gústanos o mar, a montaña, as viaxes, a música, os libros, o deporte... pero, sen dúbida, o que máis nos gusta é a XENTE.

 

 

Volver al Programa