Galego  Español

TJ5. ¿Como podemos activar a participación real nos grupos nos que traballamos para mellorar os resultados de saúde? Ferramentas innovadoras en liderado participativo en saúde (Art of Hosting)

O propósito deste curso é o de encontrarnos para aprender e poñer en práctica novas formas de organizarnos e relacionarnos que fomenten a innovación, a efectividade e a colaboración. Exploraremos xuntos/as como activar a intelixencia colectiva de todos/as, comunicarnos de maneira efectiva e entender os conflitos que enfrentamos. Ofrecemos as metodoloxías, que ademais de conxunto de métodos e técnicas, son unha práctica. Poñemos a atención no coidado de todos os aspectos que hai que ter en conta para que se desenrole un bo traballo  colaborativo con éxito.

A arte do liderado participativo é unha práctica para encontrar novas formas de colaboración para crear solucións innovadoras que respondan ás necesidades dos grupos e colectivos nos que traballamos.

Ponentes

Valentín Sánchez González

Crecín aprendendo a vida nas rúas do meu pobo Casavieja en España. Ós 18 anos namoreime de Latinoamérica e traballei e viaxei por ela acompañando a colectivos e comunidades tanto no barro como no asfalto.

Son membro da comunidade de práctica de Art of Hosting e tiven a sorte de practicar e “anfitroar” en diferentes países e contextos. Practicar Art of Hosting máis que unha metodoloxía é un camiño de aprendizaxe, reflexión, colaboración e construción colectiva de outros futuros posibles e apaixoantes nos que todos nos sintamos incluídos. Actualmente traballo como docente na Universidade do Quindío en Colombia facilitando espazos de aprendizaxe con ferramentas de Liderazgo Participativo.

Carmen Catalina Ramirez Arias

¿E se traballamos dende a co-creación?, ¿e se usaramos a intelixencia colectiva?,  ¿e se creamos mentras aprendemos?. Todas estas preguntas son as que me motivan a seguir soñando nun mundo posible a pesar da polarización e da complexidade actual. Dende fai uns anos, veño traballando en Latinoamérica, Asia e Europa a través de metodoloxías participativas e con ellas, aprendín que a gran maioría das solucións están na comunidade e non no experto; aprendín ó lado de pacientes , participantes e comunidades que o noso rol como profesionais é facilitar e acompañar procesos, máis non impoñer supostos nin saberes a comunidades nin persoas, que na súa maioría son xa sabias en si mesmas.

Terapeuta comunitaria, psicóloga, anfitrioa da comunidade internacional  “art of hosting”, magíster en antropoloxía da saúde e desenrolo comunitario e magíster en estudos interdisciplinares de xénero. Unha mestura de ferramentas para intentar asir esta beleza insondable que é o humano.

 

 

Volver al Programa