Galego  Español

TJ6. Deliberar a comunicación. Unha proposta formativa ao redor da comunicación ética e da ética da comunicación.

Na consulta diaria tomamos moitas decisións pero... son decisións soportadas por unha reflexión? Moitas son “decisións automáticas”... Debemos aprender a desactivalas e reprocesalas en función de tres factores: mellora nos criterios propiamente clínicos; mellora nas habilidades de exploración física e de comunicación co paciente; mellora nos hábitos mesmos de decisión, que deberían pasar pola peneira dos valores fundamentais da profesión. Os asistentes ao congreso de comunicación e entrevista clínica na súa maioría son docentes habituais de entrevista clínica. Pensamos que poden ser moi bos docentes de talleres que integren aspectos da toma de decisións. O taller que vos presentamos inclúe dous talleres que se realizarán simultaneamente. Un taller de análise de estratexias pedagóxicas impartido por Francesc Borrell e un taller de integración ética e comunicación impartido por Eva Peguero.

No taller de integración de ética e comunicación pretendemos:

- Diferenciar dúbidas clínicas, de comunicación, bioéticas, técnicas.

- Experimentar o camiño desde a intuición moral cara a deliberación ética.

- Practicar a comunicación eficaz.

No taller de análise de estratexias pedagóxicas pretendemos reflexionar conxuntamente sobre as estratexias docentes que se utilizan durante o taller ata identificar as mellores opcións docentes.

Relatores

Francesc Borrell Carrió

A vida profesional transcorre nun ritmo endiañado de tarefas... Resulta tan fácil esquecernos de vivir! Algúns instantes de silencio, outros de reflexión, momentos de encontro verdadeiro con pacientes, amigos, familia, balizan as nosas vidas verdadeiras, a vida na que deixamos de ser autómatas, para recuperar lucidez e creatividade. Se polo menos puidésemos lembrar eses instantes e gardalos no xoieiro do armario! Abofé que nese xoieiro habería moitos momentos  compartidos nos congresos do Grupo Comunicación e Saúde. Porque aquí vimos compartir mais dúbidas que certezas, a escoitar mais que falar, cómplices de silencios e amigos do diverso. Da diversidade... amizade!

 

Eva Peguero Rodríguez

Médica de familia e docente de vocación con un sono: ser boa médica de cabeceira e unha boa docente. Estoume apoiando nun tallo de tres patas para conseguilo: coñecemento clínico, habilidades de comunicación e hábito de reflexión bioética. Orientei neste senso o meu currículo: comunicación, clínica e metodoloxía docentes son as miñas áreas de interese. E cada día vexo mais claro que o tallo non ten tres patas: as habilidades de comunicación son habilidades clínicas e os problemas éticos prevéñense e abórdanse con habilidades de comunicación.

Nacín e vivo en Barcelona, a miña residencia de medicina de familia comezou en 1998 na Unidade Docente Costa de Ponent e ao concluíla no ano 2000 entrei formar parte do grupo comunicación e saúde da SemFYC no que aprendo e participo todo o posible e a quen lle debo moito do que son. Gocei sendo a secretaria deste marabilloso grupo desde o ano 2009 ata o 2014. Ademais pertenzo ao grupo de ética da camfyc onde reflexiono e clarifico sobre a medicina de familia. Traballo con praza en propiedade desde o ano 2005 como médica de familia no centro de saúde El Castell en Castelldefels, ICS, onde ademais son titora de residentes desde o ano 2007. Tamén realicei o Máster en Bioética Institut Borja de Bioética, Universidade Ramón Llull (2008), pertencín ao comité de ética asistencial de atención primaria do ICS do ano 2005 ao 14 sendo a presidenta os últimos 5 anos. Doutora en Medicina e Cirurxía UAB coa Tese Doutoral “Anàlisi qualitatiu del procés participatiu d’elaboració del Codi Ètic de l’Institut Català de la Salut, amb la qualificació d’apte Cum-Laude (2013). Son membro do grupo de ética desde o ano 2000 e desde 2018 a súa coordinadora. Desde o ano 2014 son profesora asociada da UB no Departament de Ciències Clíniques, Facultat de Medicina, Campus Bellvitge junto a Francesc Borrell, xunto a Francesc Borrel, o mellor dos luxos. Interésame especialmente a metodoloxía docente e a comunicación e ética do día a día e do final da vida, e onde comeza?

Twitter @evapeguero

 

 

Volver al Programa