Galego  Español

TJ8. Toma de decisións conxuntas na consulta: habilidades para pacientes e profesionais.

O proceso denominado Toma de decisións compartidas (TDC) (shared decision making), ha ter un franco desenvolvemento conceptual nos últimos 30 anos. Un modelo que deriva da atención centrada no paciente que demostrou un incremento na satisfacción de pacientes e profesionais, favorece a toma da mellor decisión posible en base ás preferencias e valores do paciente, mellora a adherencia ao tratamento, así como a relación médico-paciente. 

Decidímonos a levar a cabo este taller polo convencemento que unha aproximación na TDC nas nosas consultas pode mellorar a súa eficiencia e incrementar a satisfacción e os resultados das mesmas. Permítenos así mesmo desenvolver esa curiosidade necesaria na atención, a manexarnos mellor coa incerteza propia da práctica da medicina, así como favorecer, de facto, o principio de autonomía do paciente.

 

Documentación

Bosch, J.M. F., Davies, S. D. (2018). Toma de decisiones conjunta en la consulta: habilidades para pacientes y profesionales. Descargar

 

Josep M. Bosch Fontcuberta

Son médico de Familia de Barcelona e pertenzo ao Grupo Comunicación e Saúde (GPCYS) de semFYC desde os seus inicios. Para min é un privilexio seguir participando nun novo Congreso Nacional de entrevista clínica do GPCYS.

Como non poderá ser doutra forma, estou convencido que este 29 Congreso Nacional de Entrevista Clínica, será un excelente encontro no que volveremos compartir experiencia e coñecementos, novamente da man dos compañeiros galegos, como xa fixeron na Toxa no 2003.

Sara-Anna Davies Daunas

O meu nome é Sara Davies. Son especialista en Medicina Familiar e Comunitaria (recentemente saída do horno). Apaixóname todo o mundo relacionado coa comunicación, sexa con pacientes, amigos, familiares, parella... É fundamental na nosa profesión, e tiven a gran sorte de empezar desde principios de R2 a formar parte do grupo de Comunicación e Saúde de Catalunya, composto de grandes profesionais e persoas. Desde entón a residencia cobrou outro sentido. A parte xa fai dous anos, e o é agora, unha sorte colaborar con Josep M Bosch presentando inicialmente o taller de musicoterapia (xunto con Ingrid López) e no presente, Toma de Decisións Compartidas, unha realidade apaixonante.

 

 

Volver al Programa