Galego  Español

TJ12. Liberación emocional desde a fisioterapia.

Durante estas 2 horas imos intentar sentir o corpo, explorar a respiración, o contacto, o ritmo así como diferentes estímulos. De esta maneira experimentaremos no noso propio interior as ideas e conceptos de xeito que poidamos extraer as nosas propias conclusións e verdades.

As emocións non seguen unha lei fixa, non as podemos agarrar nin tocar, non as podemos controlar. A proposta para acceder a este belo e infinito mundo e dende a propia experiencia e a comprensión de un mesmo.

Anímovos a sentir.

Ponente

Daniel Rosell Hurtado

Son Daniel Rosell Hurtado, fisioterapeuta nacido en Ourense aínda que as miñas raices son múltiples. Tras estudar en A Coruña e traballar varios anos no campo da neuroloxía a vida trouxome de volta a miña cidade natal onde comecei a desenvolver a miña propia forma de ver a fisioterapia.

Nunca parei de viaxar, tanto externa como internamente, e as leccións vividas, aprendidas e encarnadas son as que moldearon e miña forma de ver o ser humano e a miña profesión. O meu traballo é a miña vida e non o concibo sen movemento, sen contacto, sen compartir nin sentir. A maior verdade é a que nace do interior depois da experiencia auténtica, sentir é máis importante que crer.

 

 

Volver al Programa