Galego  Español

TJ13. A lingua de signos como sistema de comunicación.

A linguaxe de signos ten unha serie de beneficios e vantaxes que nos facilitan a comunicación con todas as persoas. Aprender aspectos básicos deste idioma tamén nos permite achegarnos ás persoas usuarias desta lingua.

Unha actividade onde o sentido da palabra cobra maior comprensión e forza grazas á escoita, a observación, o silencio e o movemento das nosas mans e o noso corpo.

Ponentes

Aránzazu Casas Avendaño 

Intérprete de linguaxe de signos e guía intérprete de persoas xordocegas.

Tras dunha traxectoria laboral dentro da comunidade xorda, crea un espazo de comunicación onde todas as súas actividades, proxectos educativos e formacións teñen como pilar fundamental a linguaxe de signos. Apaixoada da fotografía e da comunicación non verbal, e entusiasmada e sentida co seu traballo, ofrece cursos, talleres e charlas onde a lingua de signos está presente como ferramenta comunicativa dende idades moi temperás, pasando polo bebé, a familia, a escola e a sociedade.

Francisco Eijo

 

 

Volver al Programa