Galego  Español

TJ14. Habilidades e técnicas comunicativas no maltrato a persoas maiores.

Taller dirixido a profesionais sanitarios e sociais onde se abordará o fenómeno do maltrato cara ás persoas maiores e o manexo da comunicación como principal ferramenta de intervención.

Ponente

Olalla Monton Lozano

Traballadora social sanitaria. Traballo nun centro de Atención Primaria do ámbito urbán (Barcelona), colaboro activamente nunha asociación adicada a traballar contra o maltrato cara ás persoas maiores (EIMA) e son membro do grupo ATDOM (atención a domicilio) da CAMFIC. A miña curiosidade por ampliar coñecementos e aprender doutras disciplinas permitiume ata o momento abordar dende a asistencia, a investigación e a docencia este fenómeno tan oculto como é o maltrato cara ás persoas maiores.

Apaixóame a relación de axuda, a comunicación nas relacións humanas, a intervención social comunitaria, o que me levou á busca e aprendizaxe de competencias relacionadas co Counselling, a saúde mental, a docencia, a atención e participación comunitaria e como estas se aplican no terreo da saúde.

A invitación a este congreso bríndame unha excelente oportunidade para aprender, poder compartir experiencias e sensibilizar o conxunto de profesionais que atendemos ás persoas maiores en situacións de abuso e malos tratos.

Vémonos en Santiago!

 

 

Volver al Programa