Galego  Español

TJ15. Feedback centrado no que aprende.

O  feedback é un elemento esencial na docencia das habilidades clínicas.

En xeral, os titores e docentes  temos dificultade á hora de analizar cos alumnos o desempeño do seu labor – por cuestións culturais, por falta de costume ou de habilidades para esta tarefa;  pódenos resultar duro “xulgar” como o fai o alumno, de tal maneira que en moitas ocasións óbviase ou levase a cabo de maneira inespecífica, superficial ou en exceso crítica (tanto negativa como positiva)

Este modelo ( ALOBA= Axenda- led  outcome- based analysis) practícase nos talleres de formación de  formadores do grupo de docencia de EACH ( tEACH) e utilízase de forma maioritaria no mundo anglosaxón na docencia de habilidades de comunicación (Kurtz,  Silverman,  Draper: Teaching  and Learning Communication  Skills in Medicine, 2 nd edition,  OUP, 2005)

Ponentes

Rosario Dago Elorza y Ana Carvajal de la Torre

Rosario Dago Elorza

Pediatra de Atención Primaria nun Centro de Saúde de Pozuelo, Madrid. Do mesmo xeito que Ana coñezo e traballo co grupo de Comunicación e Saúde en España  e na Asociación Europea de Comunicación e Saúde de onde aprendemos doutras culturas para logo compartilo con todos vós.

Ana Carvajal de la Torre

Médico de Familia na Coruña, traballo co grupo Comunicación e Saúde desde hai xa tempo e son membro tamén da Asociación Europea de Comunicación e Saúde (EACH) Gústame ver o que fan os nosos compañeiros noutros países e tentar adaptar o aprendido á nosa cultura e circunstancias. Este taller é unha das actividades que cremos merece a pena compartir con outros docentes.

 

 

Volver al Programa