Galego  Español

TJ17. A creatividade está en ti.

Experimentaremos nun taller de 3 horas interactivo e moi participativo de descubrir a FACULTADE CREADORA presente no ser humano e que, como profesionais da saúde, nos axuda a estrear cada día a capacidade de sorprender e sorprenderse, e nos invite a investigar, mellorar, innovar e desfrutar da nosa actividade. A crer nun mesmo e descubrir que todos temos unha creatividade innata que nos impulsa á realización dos nosos logros profesionais e persoais. Desenvolveremos todo este taller creando un ambiente cálido e próximo onde non faltarán as sorpresas e o humor.

Ponentes

M. Teresa Rodríguez Tardío

Son informática e traballo no Gabinete de Comunicación do Hospital Universitario de Fuenlabrada, realizando a análise, deseño, creación e mantemento da páxina web www.hospitalfuenlabrada.org e da Intranet Corporativa.

Cofundadora de MyRAS (Motivación y Reconocimiento de los Administrativos de Salud). Traballando para que a visibilidade dos administrativos en saúde sexa unha realidade. Colaboro activamente con EnganCHADos, ONG de irmandamento do Hospital de Fuenlabrada co Hospital St. Joseph de Bebedjia no Chad, e síntome comprometida con este hospital de África.

Acabo de terminar os meus estudos de música coa especialidade de Canto; estou convencida de que a música cura, sendo parte activa na miña vida. Ademais, cando cantamos xuntos, sincronizamos as nosas pulsacións e o noso estado de ánimo mellora. A música debería ser receitada nas consultas.

Fun educadora na Asociación Xuvenil, levando grupos de rapaces de idades entre 10 e 20 anos, programando actividades tales como campamentos e reunións utilizando técnicas grupais e potenciando a creatividade como factor importante no crecemento persoal. A miña frase de cabeceira é “Ten coidado co que dis, porque as túas palabras poden cambiar a vida de quen as escoita”.

Marysol Sanmartín Gómez

Mestra e Licenciada en Psicoloxía, Pedagoxía e clínica

O Maxisterio e a Psicoloxía leváronme a Barcelona, a buscar na Escola de Expresión e na Universidade de Psiquiatría a especialidade en CREATIVIDADE, Expresión Corporal e Psicomotricidade, que tantos gozos e tanta comunicación proporcionou.

Os meus primeiros traballos de Creatividade e Expresión corporal aplicada foron con Protección de menores: eles contaxiáronme as primeiras sorpresas de descubrir a Novidade, a Liberdade e a Autosuperación a pesar das súas vidas rotas e as súas vivencias difíciles.

Creo que cando se aprende a facer STOP na túa vida cotiá, o traballo, as cousas, os pequenos xestos, as miradas ou os sorrisos énchense de novidade e sorpresa...

Descóbrese tanto por dar e por recibir, que isto é o que intento contaxiar nas miñas ponencias en xornadas e nas dinámicas de grupos desde a familia ao traballo.

A avaliación? Positiva se brotan sorrisos, crecemento, seguridade persoal e mellor conciencia de grupo.

M. Carmen Sobrado Hernández

Administradora de axendas médicas na área de Admisión e Documentación Clínica do Hospital Universitario de Fuenlabrada (Madrid) dende 2004. Actualmente tamén encargada de Comunicación e Formación da Área. Cofundadora do Proxecto MyRAS, proxecto nado o 1 de febreiro de 2017 que busca a cohesión e visibilidade deste colectivo, que aporta un grande valor ao Sistema Sanitario. Blog de MyRAS: www.Myras2017.wordpress.com  @MyRAS2017

Defensora da necesidade da Humanización da Sanidade para os pacientes e os seus familiares, ademais de para os profesionais. Apaixoada pola Innovación e Investigación. A e-Saúde e a telemedicina darán solucións aos principais retos da sanidade. Tecnoloxía + Humanización = A mellor asistencia sanitaria.

Intento sacarlle o mollo á vida. Desfruto con proxectos novos e animo aos demais a que loiten polo que crean e saquen o mellor deles cada día. “Crer para crear”

Filóloga Clásica e namorada de Grecia. Enganchada ao spinning.

“Creo que traballar en equipo divide o traballo e multiplica os resultados”

 

 

Volver al Programa