Galego  Español

TJ20. Cómo falar de sexo na consulta.

Neste taller traballarase como falar de sexo cos pacientes na consulta de atención primaria de maneira fácil, clara, espontánea e sinxela, recalcando que aspectos importantes non deberían faltar en relación á esfera sexual na historia clínica. Gozaremos todos aprendendo e practicando.

Ponentes

José Zarco Montejo

O meu nome é José Zarco Montejo, nacín e traballo en Madrid, no CS Eivissa.

Son un namorado da Medicina Familiar e Comunitaria e dende que a coñecín, tentei transmitir os seus valores con entusiasmo en diversas modalidades docentes: como titor, como coordinador de UU. DD, como profesor asociado, como participe de multitude de xornadas docentes… Formo parte dos grupos de traballo de vih/sida e de intervención en drogas semFYC e levo anos investigando, traballando e axudando a aprender, como se pode mellorar a abordaxe da sexualidade polos profesionais de atención primaria.

Creo firmemente que a nosa mellor ferramenta é a comunicación e, a calidade máis significativa da nosa atención, a concepción integral/global da saúde, na cal, a sexualidade forma unha parte esencial da mesma.

Cristina Rojo Villaescusa

O meu nome é Cristina Rojo Villaescusa. Nacín e vivo en Madrid.

Son médico de familia, con ilusión e ganas de aprender cada día. Gústame a investigación en Atención Primaria e… creo que se pode! Ademais é necesaria para coñecer os aspectos nos que podemos mellorar e seguir ao pé do canón.

Son estudante de Doutoramento na Universidade Complutense de Madrid. O tema da miña tese está directamente relacionado con este taller, xa que o seu principal obxectivo é avaliar como se aborda a sexualidade na consulta diaria dos médicos de familia de España. Será un pracer para min presentarvos parte dos resultados do proxecto así como poder impartir o taller da man do meu Director de Tese, José Zarco Montejo, quen ten unha amplísima experiencia na abordaxe da sexualidade.

 

 

Volver al Programa