Galego  Español

Mesa 5. Cambia o mundo coas túas presentacións.

Nun congreso centrado nas habilidades de comunicación, na entrevista e na comunicación asistencial… cómpre parar e pensar sobre como nos comunicamos coa xente cando nos diriximos a eles como grupo en charlas, conferencias e obradoiros ... e tamén cando facemos cos nosos compañeiros en sesións, actividades de formación e congresos coma este. Apostámos por destacar ou nos conformamos co encaixar? Somos quen de deixar a nosa zona de confort? Estamos dispostos a facer pensar e, sobre todo, facer sentir a nosa audiencia? Somos conscientes de que podemos CAMBIAR O MUNDO de quen nos escoita? Atrevémonos a cambiar? Únete a min na busca das teclas dunha excelente presentación.
 
Un segredo: Se vo lo pasades a metade de ben no obradoiro do que eu o vou pasar impartíndoo, será incrible e moi divertido...

Ponente

Fernando Fabiani Rodríguez

Eu son Fernando Fabiani, médico de familia a tempo completo e o resto do tempo son pai, actor e director de teatro, imparto adestramento en presentacións creativas e ata me aventurei a escribir dous libros de humor e saúde "Veño sen cita" e " Veño de Urxencias". Ultimamente deixo-me ver nalgúns medios de comunicación onde aproveito para transmitir mensaxes de saúde con humor...

 

 

Volver al Programa