Galego  Español

Mesa 6. Ecoloxía da relación médico paciente: pasado e presente.

Cando o médico era Deus. Evolución histórica da relación médico-paciente.

Dende as primeiras noticias da actividad protoasistencial no paleolítico superior, ata principios do século XX, o papel do proveedor de saúde  (sanador afecionado ou profesional) adquire una relevancia crecente en termos de recoñecemento social, prestixio e autoridade.  Con todo, no relativo a eficacia clínica e terapéutica, esta era claramente deficiente durante todo o período ¿Cómo conseguiron os médicos manter o seu estatus social e profesional cando a súa aportación a sociedade foi tan exigua, e incluso contraproducinte?

A revisión da documentación dispoñible permitenos manter a tese de que este vínculo contractual lastrado pola ineficacia, poidose manter por un hábil manexo da relación co paciente, onde o profesional puxo en marcha un abanico de estratexias de comunicación que podemos clasificar en catro grupos: Estratexias de autoridade, estratexias de cordialidade, estratexias de embuste ou picaresca, estratexias de carácter máxico.

Todo elo configura un modelo de relación de tipo autoritario/cordial que demostra, por unha banda, que a eficacia clínica non é imprescindible para o mantemento do prestixio do médico e a fidelidade dos pacientes (o curanderismo e el éxito de certas medicinas alternativas son bos exemplos de elo); por outra banda ofrecenos unha proba do portentoso potencial das habilidades de comunicación que, de ser utilizadas en favor da saúde, do benestar e da dignidade dos nosos pacientes, poderían conducirnos a multiplicar a eficiencia das nosas actuacións.

 

Un médico nos tempos de Facebook

Disertación dende unha óptica antropolóxica e psiquiátrica sobre os cambios sociáis observados nas últimas décadas e que supuxeron un cambio estructural na relación médico/enfermo, no médico e no enfermo. Falaremos das súas consecuencias.

Moderador

Suso Combarro

Ponentes

Luis Ferrer i Balsebre

Doctor en Medicina pola Complutense de Madrid cunha Tese sobre Antropoloxía Médica. Especialista en Psiquiatría formeime  na escola ourensá do Dr, Cabaleiro Góas e en Madrid co Dr. Lopez Zanón. O Dr. Población Knappe alumoume o Psicodrama que posteriormente introduxen  no sistema público de Galicia xunto a outros compañeiros, en Boston o Dr. C. Sluzky introdúxome na Terapia Familiar Sistémica fundando a Asociación Galega de Terapia Familiar. Tiven a sorte de estudar Antropoloxía Médica e de que o Profesor J.M. Reverte Coma dirixirame a tese e outros traballos sobre esta disciplina. Traballéi oito anos en Ourense ata que gañéi a  Xefatura do Servicio de Psiquiatría ol Complexo Hospitalario Universitario da Coruña na que estiven doce anos tras os cuales decidín cambiar de aires e gañar a do Servicio de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela na que estiven cinco años ata que dimitín por coherencia y decidín volver a trinchera facéndome cargo das Unidades de Saúde Mental de Cambre e Betanzos onde traballo actualmente.

Académico Numerario da Real Academia de Medicina de Galicia, fun profesor universitario da especialidade durante vinte anos nas Universidades de Compostela e de A Coruña.

Levo adicado o oficio de psiquiatra e psicoterapeuta corenta anos e ainda non me aburrín, ocupo o tempo libre en escribir, leer, escoitar música e  cociñar. Gañei algúns Premios Científicos e literarios sin importancia. Actualmente escribo unha columna semanal en La Voz de Galicia e sacanme pola tele de cando en vez.

Espero non aburrir.

 

Roberto Fernández Álvarez

 

 

Volver al Programa