Galego  Español

TV4. Metodoloxía docente: Aprendizaxe participativo.

Presentámosvos un taller orientado a capacitarte para dar formación con metodoloxía participativa. Enfocado especialmente a talleres relacionados con entrevista clínica e comunicación asistencial. Aprenderemos a planificar as actividades e a facelas participativas. Tanto se es un docente novel, como experto, creemos que este taller pode aportarche habilidades neste sentido. Estamos convencidas que pasaremos un bo anaco, aprendendo entre todos a “ensinar a aprender activamente comunicación”

Ponentes

Rosa Duro Robles

Valenciana criada en Mallorca. Médico de Familia por varias casualidades. Vinculada ó Grupo de Comunicación e Saúde dende o meu primero ano de residencia. Namorada do meu traballo e da Atención Primaria. ¿Que me deu o grupo? Profesionalmente non me imaxino  sen todo o que me aportou e me aporta, e no persoal grandes amigos e compañeiros, persoas maravillosas que forman parte da miña vida. Outra cousa que me entusiasma “aprender e ensinar”, e como non a luz do Mediterráneo. Todo ese conxunto de pasións: amizade, atención primaria, comunicación, docencia, luz... e moito máis que estou segura formará parte do congreso de Santiago.

Elena Muñoz Seco

Vivo en Menorca. Traballo como Médico de Familia no Servei de Salut de Illes Balears. Son presidenta da Sociedade Balear de MFyC. Ensino Comunicación ós profesionais (comunicación con pacientes, charlas en público, con outros profesionais, cos medios…) e Metodoloxía Docente. Apaixóname a formación de profesionais, a ética, a docencia, a política sanitaria e o  desenvolvemento persoal e profesional continuo. Encántame o mar, o GPC&S, os meus amigos e a miña familia. Moitas ganas xa de estar en Santiago e compartir.

Eva Peguero

Médica de familia e docente de vocación con un soño: ser unha boa médica de cabeceira e unha boa docente. Estoume apoiando nun tallo de tres patas para conseguilo: coñecemento clínico, habilidades comunicacionais e hábito de reflexión bioética. Orientei  neste sentido o meu currículum: comunicación, clínica e metodoloxía docente son as miñas áreas de interese. E cada día vexo máis claro que o tallo ten tres patas: as habilidades comunicacionais son habilidades clínicas e os problemas éticos abórdanse con habilidades comunicacionais.

Nacín e vivo en Barcelona, a miña residencia de medicina de familia empezou no 1998 na Unidade Docente Costa de Ponent e ó rematala no ano 2000 entrei a formar parte do grupo comunicación e saúde de camfic e semFYC no que aprendo e participo todo o posible e a quen lle debo moito do que son. Gocei sendo a secretaria deste marabilloso grupo dende o ano 2009 ata o 2014. Ademais pertenenzo ó grupo de ética da camfic onde reflexiono e clarifico sobre a medicina de familia. Traballo con plaza en propiedade dende o ano 2005 como médico de familia no centro de saúde El Castell en Castelldefels, ICS onde ademais son tutora de residentes dende o ano 2007. Tamén realicei o Máster en Bioética, Institut Borja de Bioètica, Universitat Ramon Llull  (2008), pertencín ó comité de ética asistencial de atención primaria do ICS do ano 2005 ó 2014 sendo a presidenta os cinco últimos anos. Doutora en Medicina e Cirurxía UAB coa Tese Doutoral “Anàlisi qualitatiu del procés participatiu d’elaboració del Codi Ètic de l’Institut Català de la Salut, amb la qualificació d’apte Cum-Laude (2013). Son membro do grupo de ética dende o ano 2000 e dende 2018 a sua coordinadora. Dende o ano 2014 son profesora asociada da UB no Departament de Ciències Clíniques, Facultat de Medicina, Campus Bellvitge xunto a Francesc Borrell, o mellor dos luxos. Interésame especialmente a metodoloxía docente e a comunicación e ética do día a día e do final da vida, e ¿onde empeza?

 

Twitter @evapeguero

 

 

Volver al Programa