Galego  Español

TV9. Xogo “dos cegos”: empatía acompañando persoas con problemas de saúde.

Consiste en andar cos ollos vendados guiado por outro.

O seu obxectivo é que os participantes experimenten a empatía “acompañando” ás persoas con problemas de saúde, nun ingreso hospitalario, e no proceso final de vida física.

Avalíase a importancia da información, a comunicación, a intimidade, o respecto á dignidade, a autonomía e o valor da confianza, así como os efectos das emocións positivas e negativas, entre outros.

Foi deseñado a partir da publicación de Fidel Delgado e Pablo Campo “Sacándole jugo al juego”: “Los ciegos” (1).

Actualmente utilízase dentro dun programa de Innovación Docente do grupo de CuidaS (Coidados para a Saúde), da universidade de León, dentro do tema de Coidados Paliativos.

 

Documentos

López, A. I. (2018). Juego de los ciegos: Empatía acompañando a personas con problemas de salud. Descargar

 

Ponentes

Ana I. López Alonso

Respondo cando escoito “Ana… Ana López!”, e son de León. Os coidados das persoas (antes: enfermas no hospital, e agora: estudantes aa universidade), son, xunto co aprendizaxe do autocoidado, os focos fundamentais da miña vida (ou “bida”, se esta expresa a miña biografía). Alumna incansable das ensinanzas do día a día, vivo sorprendida ante tantos “xogos” nos que me vexo inmersa. Extraerlles sabiamente o “zume” é un bo xeito de estar dispoñible para facer o que está na miña man, e soltar ou deixar ir o resto, confiándollo á vida.

 

 

Volver al Programa