Galego  Español

TV6. Role-play e feedback. Práctica, práctica!

Para axudar aos nosos pacientes e alumnos usamos a “alta tecnoloxía” da comunicación. O role-play e o feedback docente son dúas ferramentas esenciais para aprender e ensinar comunicación. Animámoste a que veñas aprender e compartir connosco como “montar” un role-play especificamente dirixido á situación-problema comunicacional que se estea traballando e como conseguir un feedback construtivo, empático e eficaz cos aprendices.

Ponentes

Juan Carlos Arboniés Ortiz

Son Boni, bueno, así me chamades os amigos. Son coma o pirixel que está metido en moitas salsas, e é que me gusta “vivir da vida”, ver fútbol, andar en bici, engancharme cun bo libro, estar convosco, cos amigos, coa familia...

É que ademais son Médico de Familia, desfruto séndoo, aprendendo cada día dos pacientes, recibindo o seu agradecemento e intentando axudalos nos seus problemas...

Gústame aprender e compartir o que aprendo, e para elo axúdome da comunicación, o feedback e o ROLE-PLAY; é que desfruto xogando a ensinar a aprender.

Juan José Rodríguez Salvador

Os meus pacientes, os meus amigos e a miña familia chámanme Juanjo. Son médico de familia por vocación. Dende o inicio da miña actividade profesional sentín a imperiosa necesidade de esforzarme porque os pacientes entenderan o que “debían saber” para curarse e coidarse. Máis recentemente, convencinme de que para poder transmitir aos pacientes e ás súas familias “o que necesitan saber”, primeiro hei de entendelos ben. A comunicación asistencial resultoume ser unha ferramenta esencial para este propósito.

Por outra parte, encántame participar en actividades docentes dirixidas tanto a profesionais como a pacientes. Recentemente, traballei en temas xerais de comunicación asistencial, metodoloxía docente no ámbito sanitario e no Programa Paciente Activo de Euskadi.

Espero ter a oportunidade de volver a vernos/coñecernos en Santiago.

 

 

Volver al Programa