Galego  Español

TV12. 10 minutos na consulta: ansiedade, do problema á solución.

Moitos dos nosos pacientes acoden a vernos en momentos difíciles reactivos a “problemas da vida” ou transicións vitais que en ocasións viven con ansiedade. Aínda que estes síntomas non son sempre o motivo de demanda, que facemos cando sospeitamos ansiedade na consulta?

No taller falaremos de como axudar ao noso paciente para viaxar dende o problema á solución a través de diferentes técnicas e da linguaxe metafórico, aprendendo a dar un novo significado á tensión que xera o cambio, necesario para mobilizar ao paciente dende o estado problema de ansiedade á solución que en moitas ocasións atopamos escondida nos seus propios recursos conscientes ou non, e que tan só precisan un pouco de guía para que vexan a luz.

Terminaremos o taller fiando os recursos do paciente a un estado de respiración e relaxación consciente que poderán levar a outras situacións no futuro nas que saben que van precisar dun extra de calma e relaxación.

Ponente

Nuria Val Jiménez

Chámome Nuria Val, médico de familia, de Zaragoza. Formadora de Ferramentas para a Promoción da Saúde Mental en Atención Primaria do SAÚDE en Aragón. O meu obxectivo difundir técnicas anti-estrés e de xestión emocional nun formato breve adaptado ás nosas consultas de Primaria. O meu taller, “10 minutos na consulta: ansiedade, do problema á solución” é unha mostra do que fun a aprendendo ao longo dos anos de mestres e pacientes e encantaríame compartilo convosco e seguir crecendo. Espero que vos guste.

 

 

Volver al Programa