Galego  Español

TV17. A investigación cualitativa en relación médico paciente.

A investigación cualitativa é esencial para estudar a relación médico paciente,  permite estudar aspectos que non poderían ser investigados con outras metodoloxías. Como entender e interpretar creencias, valores, actitudes, condutas e expectativas, as interaccións entre persoas, o impacto do sufrimento ou a enfermidade nas mesmas, as experiencias das persoas cos servizos sanitarios, dar voz ós pacientes no proceso de toma de decisións e coñecer as súas preferencias e prioridades, polo que a investigación cualitativa vainos servir para investigar na relación médico paciente.

Neste taller veremos como son as distintas metodoloxías para os estudos cualitativos: ¿Como  plantexar preguntas de investigación? ¿A estratexia de búsqueda bibliográfica, fontes de información de estudos cualitativos? As fases dunha investigación cualitativa (coñecendo a  súa flexibilidade): Transformación da idea inicial en problema investigable, formular o obxectivo de estudo, elaboración do deseño, desenrolo do traballo de campo, ca análise do discurso, a observación, a entrevista en profundidade e a lectura de textos, xerando os resultados, establecemento das súas conclusións e súa difusión.

Ponentes

Francisca Gil Latorre

Ola,  son Paca Gil, Técnica de Saúde  da Unidade docente de Medicina de familia de Valencia.

Pertenzo ó Grupo de Comunicación e Saúde, da Sociedade Valenciana de Medicina de Familia, utilicéi estudos cualitativos na miña tese doutoral.

Recibindoo meu grupo de traballo o primero premio “Francesc Borrell” 2015-2016 nun traballo no que a metodoloxía tamén era cualitativa.

No meu traballo diario como responsable da área de investigación véxomas e deséxomas para que os residentes utilicen estudos cualitativos.

Carmen Fernandez Casalderrey

Ola, eu son Carmiña, son médica de familia e  membro do grupo de Comunicación e Saúde de Valencia dende fai xa algunhos aniños… dende fai 18 anos traballo, como técnica de saúde na Unidade Docente de Valencia,  adicada á ensinanza de residentes e tutores , entre outras cosas de Entrevista clínica e Comunicación asistencial, de Atención á Familia e de Bioética.

Xunto con Paca Gil e outros membros do grupo de comunicación  levamos un proxecto Documental ,premiado ca Primeira Beca Borrell  que presentamos neste Congreso nunha Mesa do Xoves 11, con Paca , compañeira de fatigas, inicieime na investigación cualitativa , un luxo contar con ela.

Pertenzo  ó colectivo dos que gozan co sendeirismo e avanzo polo mundo pegada a uns “palitroques” que nos acompañan nas nosas andanzas.

Gozo cando podo, ca miña familia do descenso en canoa (K2 ) polo río Sella dende Arriondas  ata Ribadesella, recoméndovolo.. unha delicia para todos os públicos.

Non quero morrer sen dar unha volta en globo, gustaríame que fora sobre  Tui na desembocadura do Miño…na honra a miña nai , que era de Pontevedra.

 

 

Volver al Programa