Galego  Español

TV21. Comunicación Motivacional en novas Drogas (xestión de riscos e pracer).

O título do obradoiro fai referencia a dous elementos que consideramos fundamentais na abordaxe dos problemas dos nosos usuarios, ou a súa familia, poidan plantexar respecto ó consumo do que se din novas drogas (non son tan novas). Despois de que os paradigmas da baixada da oferta, baixada da demanda e baixada de danos haxan dado, ou non, mostras da súa eficacia nos últimos anos; cremos que é o momento de explorar un novo paridgma: Xestión de Riscos e Pracer. Non todo o entorna das drogas é completamente malo. O consumo de drogas conleva riscos, concretos e determinables, pero os usuarios delas fano básicamente por pracer. Entender a dicotomía e axudar á persoa a xestionarse dacordo cos seus intereses, coñecementos, valores e proxectos pode ser a forma máis coherente de actuar para o persoal sanitario e outros.

Esta abordaxe esixe voluntade de vinculacións (baseada en coñecementos adecuados e evitación de xuizos), capacidade para afrontar adecuadamente os posibles problemas, habilidade para evocar desde o noso “paciente” aquelos elementos que lle axudaran a adopción dos obxectivos concretos e cuidadosa planificación acerca dos pasos que procurar e os procedementos de control e evaluación. Desto exactamente trata a Entrevista Motivacional.

Ponentes

Jesús Apolinar Álvarez Mazariegos

Son Jesús Apolinar Álvarez Mazariegos. Polo, para resumir. Médico de familia maiormente. Teño moitos intereses como calquera outro “no especialista”, pero neste lugar debemos centrarnos no profesional. Este obradoiro une dous dos meus intereses clínicos principais: os problemas relacionados co consumo de substancias non legais e a Entrevista Motivacional. Son secretario do Grupo de intervención en Drogas da SEMFyC desde a súa creación fai 15 anos e participei nunha parte importante das súas actividades formativas, máis centrado en substancias clásicas (heroína e cocaína), pero nos últimos anos tamén no que se acostuma a chamar novas drogas. Por outra parte fai tamen case 15 anos que descubrín a Entrevista Motivacional e como novo converso lanceime a súa práctica (espero que os meus pacientes o notes) e a súa difusión. Pertenzo a Xunta Directiva de Getem e me intereso especialmente pola súa aplicación en Atención Primaria.

Yolanda Seijas Mojón

Omar Muquebil

 

 

Volver al Programa