Galego  Español

TV22. Aprende a manexar a túa variña máxica para cambiar condutas de saúde.

Cantas veces desexaches ter una variña máxica para que o teu paciente deixe de fumar, se alimente mellor, empece a camiñar ou reduza o seu consumo de risco de alcohol. E deséxalo tanto porque sabes que existen moitos estudos que correlacionan determinados estilos de vida saudables coa diminución de enfermidade e morte polas principais enfermidades crónicas. Estimase que o 80% das Enfermidades cardiovasculares, o 90% da diabetes mellitus tipo 2 e o 30% dos cánceres poderían previrse seguindo unha dieta saudable, un adecuado nivel de actividade física, evitando ou diminuíndo o consumo de alcohol, e deixando de fumar. Pero cambiar as condutas en saúde non é fácil, e por elo no noso taller “Aprende a manexar la varita mágica para cambiar conductas en salud” queremos presentarche una variña máxica que acabamos de patentar e que consigue que os teus pacientes cambien para un estilo de vida saudable de forma fácil e duradeira. É algo mais que maxia.

Ademais de aprender maxia, imos revisar no taller os marcos conceptuais do cambio de comportamento, como podemos intervir para facilitalo, e que experiencias novidosas hai neste campo de la saúde. No blog Saúde e Prevención do PAPPS   estivemos estudando en profundidade o tema de como cambiar condutas en saúde o que nos permitiu deseñar esta poderosa variña máxica. Vede o publicado sobre este tema no blog: http://educacionpapps.blogspot.com.es/search/label/como%20cambiar%20conductas%20en%20salud   

Creamos una páxina web Aprendevaritamagica onde tedes toda a documentación do taller (xustificación, material, presentacións, para saber mais….)   https://sites.google.com/site/aprendevaritamagica/

 

Ponentes

Francisco Camarelles Guillem

Médico de familia, valenciano vivindo en Madrid.  Gústame ser médico de familia e fai anos que acudo ós congresos de Entrevista Clínica e Comunicación Asistencial onde me reúno con moitos amigos.  Estes congresos son como unha bocanada de aire fresco para a miña práctica profesional. https://about.me/fcamarelles

O meu campo de interese e desenrolo profesional é todo o mundo da prevención clínica, poñendo o foco nos estilos de vida (tabaco, alcohol, alimentación, actividade física, benestar emocional), a educación e a promoción da saúde. Membro del Grupo de Educación Sanitaria e Promoción da Saúde do PAPPS, edito o blog do grupo http://educacionpapps.blogspot.com.es. Entendo que a prevención clínica desenrolase dentro do ámbito da comunicación médico paciente. Cuanto mellor nos comuniquemos na consulta cos pacientes, mellores resultados e satisfacción. Presidente do Organismo de coordinación do Programa de Actividades Preventivas e Promoción da Saúde PAPPS de semFYC.

Nieves Barragan Brun

Traballo cada día para ser mellor médico de familia. Durante a miña residencia a principios dos 90 entrei en intenso contacto co Grupo Comunicación e Saúde. Desde entón é unha fonte inesgotábel de enerxía positiva e de aprendizaxe na comunicación médico-paciente. Moitos dos seus membros son amigos e forman parte da miña vida. Outro interese real é imaxinar e poñer en práctica outra maneira de organizar a sanidade pública. Desde 2003 traballo nun CAP auto xestionado en Barcelona. A frase mais bonita que alguén me dixo para describirme: …sempre ocupada, sempre dispoñible… Teño unha familia magnífica, con 3 fillos estupendos de verdade, e un marido chachi. Os meus amigos son profundos e non poucos. As miñas limitacións: comezo a dubidar que consiga falar en inglés. Un logro recente: defender a miña tese doutoral sobre formación en entrevista motivacional.

 

 

Volver al Programa