Galego  Español

TV23. Practica share! A arte de compartir decisións no encontro clínico.

Todos os días, durante o encontro clínico e fóra del, os profesionais da saúde e as persoas que atendemos na consulta, tomamos decisións que teñen que ver coa saúde.

Gustaríanos compartir algunhas habilidades e ferramentas que nos faciliten a toma de decisións compartida para transitar estas situacións cunha maior comodidade e satisfacción.

 

Documentos

Chuleta para una entrevista share. Descargar

SDM Bibliografía. Descargar

 

Ponentes

Valeria Pacheco Huergo

Defínenme as ganas de entender ás persoas e de axudalas a conseguir os seus obxectivos. Tamén o desexo de tender pontes entre lugares, disciplinas e persoas.

Percorrín distintos camiños, Medicina Interna en Bos Aires, Medicina de Familia en Barcelona…

Ser Médica de Familia dáme cada día a posibilidade de acompañar, e moitas veces aprender das historias da vida das persoas que veñen consultar.

Desde hai algúns anos formo parte deste gran Grupo de Comunicación e Saúde onde temos a posibilidade de compartir as nosas procuras e recursos e de enriquecer o noso camiño profesional e persoal....

E ás veces sucede que estes camiños que percorremos lévannos a encontros, como o que tiven hai uns anos nunha estación de autobús indo a un Seminario de Decisións Compartidas en Darmouth, onde tiven o pracer de coñecer a:

Ana Carvajal de la Torre

Médico de Familia na Coruña, traballando co grupo Comunicación desde hai xa tempo. Gústame viaxar, ver que fan os nosos compañeiros noutros países e tentar adaptar o aprendido á nosa cultura e circunstancias.

Como vos contabamos, coincidimos no Seminario de Darmouth onde tivemos a oportunidade de coñecernos, aprender e gozar.

Dende entón formamos parte de Shared@ Shared Decision Making Network

Fomos seguindo o tema con interese e dende hai tempo tiñamos ganas de facer xuntas un taller para compartir convosco o que fomos traballando e coñecendo nestes anos. O ano pasado chegounos o momento. Foi moi ben e este ano repetimos

Así que vos esperamos e desexamos que tamén poder aprender e gozar xuntos!

 

 

Volver al Programa