Galego  Español

TV25. #LaRisaEsSalud Risoterapia como ferramenta en saúde comunitaria.

Imos crear xuntos un espazo creativo onde aportaremos ferramentas en materia de risoterapia para traballar con xoves e maiores. Son indubidables os efectos beneficiosos a nivel persoal que ten a risoterapia pero, ¿mellora a saúde comunitaria? ¿Seremos quen de trasladar o aprendido aos nosos centros de traballo? 

Con este obradoiro aportaremos unha visión diferente aos obradoiros en atención comunitaria e os participantes disporán de ferramentas variadas creadas a partir de elementos básicos. Sí, traballaremos e fomentaremos a creatividade persoal e colectiva con diferentes técnicas colaborativas.

 

Ponentes

Elena Grande Caballero-Martín

Formadora Ocupacional e Animadora Sociocultural, compaxino esta labor ca de xestora de emergencias no servizo do 061. Atopei na docencia unha forma dinámica e participativa para dar forma a proxectos cheos de versatilidade. Encántame a comunicación e a través dela sinto que poido axudar a outras persoas con experiencias propias e tamén as que construimos en equipo.

Laura Carbajo Martín

Médica de familia de vocación e interesada nas tecnoloxías para a comunicación. Sempre en proceso de reinvención e renovación. Membro do Grupo de Nuevas Tecnologías de la Sociedad Andaluza de Medicina Familiar y Comunitaria e Vocal na Junta del Grupo de Comunicación de la Sociedad Española de Medicina Familiar y Comunitaria. Gústame “facer que as cousas sucedan” e formar parte do cambio. Síntome moi agradecida por aportar a miña pequena contribución ao Grupo de Comunicación.

 

 

Volver al Programa