Galego  Español

Cinefórum. Consulta 32 (sobre fibromialxia).

Consulta 32 é unha longametraxe visual protagonizado por 6 mulleres españolas de mediana idade que sofren dor crónica e outras dificultades asociadas ao síndrome de fibromialxia (SF) e conviven coa vergoña do estigma asociado a esta enfermidade que afecta en maior porcentaxe a mulleres que a homes. Lonxe de deixar que os tradicionais “expertos” nos dean as claves para interpretar o que vemos, son as protagonistas as que desvelan as características dunha enfermidade de elusivo diagnóstico e que con frecuencia non se diagnostica. A atención individualizada, contextualizada e humanizada que se presta dende a consulta 32, inspirada no modelo de atención da medicina narrativa, ofrece a estas pacientes unha mellora da súa calidade de vida e unha esperanza no seu camiño cara o benestar.

 

Trailer del Documental Consulta 32

 

Relatores:

Vicente Palop Larrea

Son Vicente Palop Larrea, médico de familia desde o ano 1996, estiven durante 14 anos como coordinador da Unidade de Fibromialxia do Departamento da Ribeira (Valencia) promocionando unha medicina narrativa próxima ao paciente na que se lle dea información e formación para que teña autonomía no manexo dos seus problemas de saúde. Durante o mesmo tempo estiven de titor hospitalario de médicos residentes de medicina familiar potenciando a entrevista clínica como base da atención médica, e con cargos de dirección do departamento (subdirector de atención primaria e director do departamento de saúde) potenciando a atención comunitaria e a terapia grupal en atención primaria.

 

Patricia Roth Damas

Son Patricia Roth Damas, médica de familia e docente en formación profesional. A saúde e a ensinanza son os dous motores que impulsan a miña motivación profesional. Creo en cada acto médico como un encontro profesional no que tanto o profesional como o paciente nos aportamos mutuamente algo positivo. Non entendo unha medicina na que non caiban as narracións, as biografías e o entrabado sociocultural que acompañan a cada persoa que acude á consulta. Creo que a medicina narrativa é, sen dúbida, un camiño extraordinario cara a busca do benestar dos pacientes.

 

 

Volver al Programa